Entradas

Presentación

Imagen
  Benvidas familias. Se estades a ler isto é porque estamos actualmente de novo no medio dunha situación na que non poderemos continuar as clases de xeito normal e presencial.  Este vai ser o noso novo método de comunicación preferente dende o cal eu vos transmitirei as instrucións para levar a cabo a xornada escolar coa maior normalidade posible.  Así mesmo, as canles de comunicación que xa establecimos: ClassDojo e correo electrónico (m.g.crespo@edu.xunta.gal).  Como imos a traballar a través do blog. Pois explícovolo nos seguintes puntos: Exercicio diario . Coma todo, a práctica fai ao mestre. O ano pasado tivemos que escoller os contidos esenciais para traballalos na aula, imaxinamos que este ano será semellante. Por ese motivo, traballaremos os contidos máis básicos para desenvolver as destrezas de forma diaria. Alternarase cada día cunha serie de contidos de forma cíclica para favorecer a creación de rutinas.  Kahoot . O kahoot é unha ferramenta que me permite facer preguntas ao